A clase en si non estivo mal so penso que podería haber estado mellor se houbésemos disposto do material necesario en boas condicións, é dicir, traballar en ordenadores que non tiveran continuamente faios, pero aínda así, ao longo deste curso adquirimos coñécementos varios, entre os que se atopan:
- Como crear un blogue, personalizalo e actualizalo.
- Descargar vídeos de internet e subtitulalos.
- Aprender a usar tódalas aplicacións do OpenOffice.
- Aprender a crear un mapa en GoogleMaps.
- Como crear unha presentación e pasala a formato PDF para podela subir á rede.
- Aprender tódalas partes dun ordenador (hardware e software).
- Como crear un mapa conceptual.
- Que son os RSS.
- Como usar o Picasa.
- Que é unha máquina virtual e como usala.
- Como usalo GNULinux.
- As distintas capacidades e ferramentas do GIMP.